Sábado, Janeiro 23

encade-arte

encade-arte cos meus ollos
ano-arte ás miñas pernas
at-artepara que te poidas desen-redar
e abra-zarme
coa túa lingua ten-ra

tira a chave
meu ben...

Sábado, Janeiro 16

con sentido

e mentras desanoas as lazadas das cordas fiañentas
átasme coas túas pernas sedosas, cos teus brazos de zucre e limón

fas fibelas coa túa lingua na miña. enmaráñasme no teu cabelo.

no meu peito lancetan os teus pezóns, ávidos de cuspe meu.

entre as tuas pernas hai sístoles que se escoitan coma badaladas,
diástoles megafónicamente amplificadas polos suspiros do teu alento quente.

baixa a cintura, eleva a nuca. gústame como esbarexemos
lubricados pola mel do teu panal, insertándome de pleno no enxamio
muscular das tuas entrañas. dentro. amodiño...

podes vir. déixote. hai consentimento.

Sexta-feira, Janeiro 15

sen sentidos

desanoo as cordas invisibles que te atan a min
ocultando os teus ollos baixo un lenzo negro
os oídos xordos baixo os tapóns mercados onte na farmacia

prendo un incenso de vainilla e
adormezo as túas papilas dentro dun xeo

anulo os sentidos

vista, oído, olfato, gusto e deixo só o tacto
na punta do teu pene

http://www.reportajesmetropolitanos.com.mx/POSICONEES.png

sento ás acanchadas riba túa
e sei que só sentes o meu clítore anunciando
o roce do teu glande

dentro
a modiño

furando os rincóns que coñeces de antes
sen ver que agora inzan o cío
que venteas nas mans.

Segunda-feira, Janeiro 11

acabarei por collerlle o gustiño...


...xa veremos!

agora ... ti...

mellor así, meu ben

Sábado, Janeiro 9

así, meu amor?

Sábado, Janeiro 2

sensacións

crucificado no teu corpo

haberá xeito máis doce?

(si, ben sei que tamén che gusta
crucificarme en decúbito prono
con sucesivas alternancias
supinas)

espétame os cravos das túas mans!
crucifícame!

(por forza a sexo teñen que ulir as túas. igualiño que as miñas; se en ti e en min sempre estiveron...)

olores


hoxe as miñas mans recollen o olor ao teu sexo


a que che ole o nadal, arela?

Quinta-feira, Dezembro 31

2010

e esta noite arela
escoitarei as campás
ao teu carón

e esta madrugada arela
con cada badalo
beberei o zume das uvas

dentro dos teus beizos

e esta medianoite
esperarei o 2010
nos teus brazos

até que me mostres
as engurras do sofá
no que nos posuiremos

unha e outra vez

até que saia o sol
nesa mañá do ano novo

ou o resío decore
a nosa pel
aínda suorosa
bañada
no recendo do champán


felices orgasmos de 2010 arela
e moitos éxtases para todos.

Terça-feira, Dezembro 22

noel/arela chegando...

en ti sinto a pulsión

na túa respiración o ánimo
no teu xemer a intensidade
no teu abaneo... como ardes
nos teus ollos a sensualidade

por ti perdo a identidade...

... aiii, non tardes!


Terça-feira, Dezembro 8

enigma... enigma... como pós



enigma: cando ti xemes así... a min... rízanseme ata as pestanas

Domingo, Dezembro 6

arela... arela...





Sexta-feira, Dezembro 4

entre as sabas

enigma...

mentras me deleito no teu egoismo,

ó tempo que aloumiño orgasmos no teu corpo
dúctil

e percibo o cadencioso son das túas coxas
brancas

o xemer diatónico do embigo
tembloroso

coa música lene do balanceo sutil dos teus pezóns
endurecidos

enigma...

mentras todo iso acontece nos meus dedos mollados
en ti,

baixo as nosas sabas

eu...

medro!

Quinta-feira, Dezembro 3

as mans

sabes arela...

coñeces o son dos meus peitos

o xemer das miñas coxas

a música do meu embigo

e non sabes arela...

porque non cho quero dicir...

que as únicas mans que aloumiñan orgasmos

son as túas

arela...

non sabes que os xogos son divertidos

pero tamén te quero para min soa

e non sabes arela...

que entre as vasouras e os ascensores

prefiro as nosas sabas...

Sábado, Novembro 21

sanwich doble

moi nova para que lle chamen a señora da limpeza, herdou da súa nai o traballo nos portais de medio barrio. o seu corpo de bollera pasa despercibido baixo o mandilón azulón, tres talles máis para o seu corpo de femia nova. no teu portal seica se falaba ás agachadas que a rapaza da fregona tanto lle daba carne coma peixe. foi un casual que naquela hora estivese no cuarto da limpeza. miroute cando deixabas o ascensor, e seguiu mirándoche o vaivén das tuas nádigas pretas. a ela gústaslle; pero a min máis.

cando che metín man baixo a saia moura, ela estremeceu tamén e cando te levaba case no ar a ceacú, chiscoume un ollo sinalando o cuartiño das vasoiras.

eu era un animal doente con ganas de femia, e ti ardías coméndome a boca e cimbreando os cadrís refregándote na miña ingle prominente. ela colocouse contra a parede abrindo o seu mandilón e deixando o seu corpo nú. arrimeite contra ela. nin te decataches, a pesares de que o teu lombo esmagaba as suas tetas brancas e as túas nádigas encaixaban no seu pube. comprendes agora como podía eu sosterche as nádigas apreixadas á vez que che collían as tetas con decidido frenesí?

sobre a mistura de efluvios de produtos de limpeza ponderaba con marcado énfase o arume a femia en celo. non sei cal das duas aportaba máis. a tua cara amosaba pracer; a dela satisfacción. a min vólveme tolo o teu xeito de xemer; así que a miña expresión sería un poema tamén.

cando te penetrei as duas pechastes os ollos á primeira embestida. eu comíache a boca e salivaba os teus pezóns erizados, mentras ela mordíache a iugular. cando o orgasmo te inundou con serpenteantes contraccións uterinas, mudaches o rictus da tua cariña fresca amosando abandono total. ela tembrou contigo. eu non puiden conter tanta estimulación e descargueime na tua vaxina como testemuña de cargo do meu pracer.

visionando deste xeito unha bomba de dous estalos, imposible coidar a retagarda.

na tua teima de devolverme a penetración cando o facemos así, ó bruto, aquel día pareceume que o teu dedo era demasiado gordecho…pero gustábache tanto, que non lle dei importancia. recuperando a respiración, mesmo tiven o pálpito de que ti e máis eu eramos o compango dun sandwich carnal deliciosamente luxurioso.

con todo, prefiro facelo no ascensor. entre o quinto e o sexto, lonxe do cuarto das vasoiras e lonxe do oido fino da túa nai, que me mira con cara de leite mazado. non sexa que acabe por gustarche máis como che mete man a rapaza da limpeza…

noveno andar

desde o portal sinto a erección baixo os botóns dos levis e o clítore responde á túa chamada... nas pupilas deixas entrever o desexo de posuirme alí mesmo. no pequeno espazo das vasouras. entre os caldeiros e o pronto aínda impregnado nos trapos.
imaxino os teus pensamentos coas mans entre as miñas bragas. acariñando a porta do útero. deslizando os dedos no interior. coa paixón do desespero. coa necesidade da exaculación.
sorrís... porque a saia, ao baixar as escadas, permíteche intuir as cores mouras da roupa que non levo.
debuxo no aire o olor a ten con bioalcohol brillo diamante e a lexívia de lavanda. os recendos das lembranzas. de aquel día... no que a túa ex muller choraba nos brazos de miña nai. no noveno. mentres ti lambías os meus pezóns contraídos de pracer.
sabías que non era boa ideia enredarte coa filla da mellor amiga da túa ex pero as noites eran demasiado longas nese hotel escuro. sabías que ela xemía noutros brazos e aínda así seguíala querendo. sabías que o sexo con ela pasara a ser un sandwich de paté caducado e aínda así seguíala querendo. por iso a foras ver á casa da súa amiga. a tomar unha cervexa con ela. voltar a vela. só unha vez máis.
pero no portal apareceu unha saia fucsia que co vento deixaba intuir os venus prohibidos. os peitos erectos sen suxeitador e non sabes por que... non sabes por que... entraches comigo naquel cuarto. mordeches a iugular esfameado.
non sabes por que... abriches a porta ao escoitar fóra a voz daquel mozo que me viña buscar á casa.
non sabes por que... penetráchesme coa fúria dun animal en cío mentres el separaba as túas cachas.
non sabes por que o movemento dos tres corpos aumentaba o ritmo até a taquicardia e bebías o meu cuspe para hidratarte.
non sabes por que o te cú rebentaba en mil orgasmos que estouparon dentro da miña vaxina xusto cando ela abriu o cuarto das vasouras.
non sabes por que... pechaches a porta e o teu pene exaculou o pracer contido coa raiba de afirmar o sexo no futuro.

non sabes por que pero esa escena aínda che excita. aínda se repite dentro dos teus pensamentos. aínda soñas con ela a pesar de que nunca máis foses capaz de empinarte dentro dese cuarto.

abrázasme. metes as máns baixo a saia. entramos no portal. no ascensor. sei que fantaseas con que isto é o cuarto das vasouras. trancas o ascensor entre o quinto e o sexto...

Terça-feira, Novembro 17

Porteiro automático

incluso escoitarte polo porteiro automático me pon cachondo.

ademáis hoxe fálasme con esa voz de femia que me atravesa o pensamento. entre doce e ronca, entre suave e tensa. non podo evitar [nin me peta facelo] unha erección cando escoito o teu sibilante “sssi” a través do aparello metálico.

coa incómoda situación dos pantalóns vaqueiros apretándome e ameazando con facerme esbourar aquela parte de min cargada de sangue ata rebentar. agardo a que baixes.

que bonita vés coa saia moura [ti dislle fucsia, pero xa sabes que eu son malo para as cores] e a camiseta branca. esa que che transparenta e deixa ver as aureolas. definitivamente vou estoupar. outra vez volves sen roupa interior?

non podo andar así pola rúa. con estes Levi`s que marcan tanto paquete, cando a cousa se empina non hai quen dea andado.

en troques de deixarte sair abrázote e voltamos entrar no portal.

non hai tempo que perder. deslizo a miña man entre as tuas pernas i ese feito confírmame que ti tampouco tés tempo para perder.

o cuartiño da señora da limpeza é pequeno, un microespazo ó que logramos adaptarnos. de pe, entre escobas e produtos de limpeza amámonos con desesperación animal...sen contemplacións nin miramentos. foi un acerto que viñeras sin bragas tamén.

cando saimos polo pan, teño a sensación de que unicamente che devolvín algo que xa era teu...

teléfono

riiiinnnnnggg

xa case...


riiiiinnnnngggg

un instante....
riiiiinnnnnggggg

a excitación nos beizos

riiiiiinnnnnnnnnnnggggggggg

esperto

riiiiiiiiinnnnnnnnnngggggggggg

coa noxenta sensación das bragas empapadas e o coitus interruptus

rrrrriiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiinnnnnnnnnnnggggggggggggg

o pracer partido pola metade

rrrrrrrrrrrrriiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiinnnnnnnnnnnnnnnnnnnngggggggggg

quen é?

son eu. vou buscar o pan. acompáñasme?

si

a túa voz sensual resulta molesta neste microintre onírico

visto a saia. a camiseta. e saio na túa procura. sen roupa interior. disposta a recuperar o orgasmo que me roubaches.

Domingo, Novembro 15

hidratos de carbono

coñeces á perfección as miñas
debilidades
e sabes cos teus beizos
despertalas.
cando me tes así
non son dono de min,
abandonado na túa boca
lasciva.







cando me tés así
decátome do tempo perdido
falando.
son o teu pan
con saliva
hidratado.

codia

saboreo
a túa codia dura
entre os dentes
humidecéndoa
coa lingua
coa punta
no padal







a sí a mo di ño...
arriba
abaixo
unha
e outra vez
até o éxtase

Sexta-feira, Novembro 13

As lembranzas misturadas

és tan elegante na expresividade como nos movementos da tua cintura.

con esas lembranzas que, aseguras, difuminou a névoa do tempo, so prentedes [e logras] facerme acordar cada intre de cada encontro. non te preocupes, enigma dos meus saberes, que a min tamén me acontece en ocasións cando non teño o teu alento perto de min e déixome levar polos pensamentos… e síntome chave que entra na túa pechadura, e percíbome alento quentando a túa caluga branca, entre olores de de sexo contido e desexo incontible fasme pasar de miolo brandiño a ser codia dura e consistente

e tamén bogo entre rosas e champán, e sinto estalar as estreliñas, e véxome na panadería cando che axexaba (ou axexábasme?) e besbelleiche palabras inconexas (ou besbelláchesme?)

Quinta-feira, Novembro 12

memoria

tento facer memoria, arela e non consigo. non sei cando foi ese lugar, non sei onde foi ese intre. as lembranzas mesturan aires e cores translúcidas. podería estar o redor cheo de rosas e champán. ou de caraveis e nata. ou de música romántica nalgún souto perdido. ou quizais naquel outeiro baixo as estrelas. ou a lúa. ou as perseidas. ou o murmurio do rio baixo a chalana na que me falas do brillo dos meus ollos. podería ser, arela... pero non consigo recordar... esa primeira vez...
non consigo, arela... lembrar nada máis do que sensacións... podería ser, arela. ese recendo a sexo en cío na cola da padaría. o olor a levedo. a fariña. a desexo. podería ser, arela. aquel "tócache" besbexado á orella baixo a atenta mirada da dependenta. podería ser, arela. o roce da pel núa. brazo con brazo. pel con pel. arela con arela. un segundo. o pan morno no parque. aínda quente. asubiando o teu alento no meu pescozo. a codia crocante. estalando o contacto fugaz.
e regresar. un día trás outro. na túa procura. no alimento que sustente as noites. e regresar. e encontrarte. e sentir o teu alento nas costas. e saber que só teño que meter a chave na pechadura. manter ese segundo na memoria. podería ser, arela. quizais, ese minuto no que aínda non sabía o teu nome. no que mastigas o boliño tépedo. os beizos mornos. no que esperas que abra a porta. entre olores de trigo e palabras non pronunciadas. despois...





mesura

e como esquecer aquel lugar, que hoxe santifico, no que puiden percibir como suspiras cando te excitas. como latexa o teu corazón cando desexas. como baila nos teus ollos a lascivia en estado puro e; ainda con esas, és capaz de seguir mirando con eses ollos que me cautivan e me prenden lume?. dimo ti, se é que o sabes.
non deixes de mirarme, mentras desperto. faime falla a provocación ínclita da túa mirada. non deixarei de mirarte no tránsito. ben sei que a ti tamén che presta. ven, non teñas medo ti agora

Quarta-feira, Novembro 11

premura

sinto o calor do teu desexo ancorado nos milímetros das veas. agochas a premura retrasando o intre no que sairás do meu soño para converterte no ser real. para provocar o éxtase. o pracer. a arela oculta no pergamiño das túas dedas.


espero na porta do acordar. entre o real e o imaxinario. a medio camiño. naquel lugar onde nos encontramos por primeira vez. lembras?